Ola! dámosche a benvida ao noso blogue de reflexión filosófica. Somos un grupo de alumnas e alumnos de distintos centros e distintas etapas aos que nos gusta, desde hai anos, investigar e cavilar sobre unha das cuestión máis importantes para a humanidade: a ética como disciplina que estuda o comportamento humano. No inicio achegámonos ao mundo das mitoloxías para logo, no seguinte curso, afondar no misterioso mundo dos valores éticos. No presente curso 17/18 queremos saber cando comezamos a comportanos seguindo normas éticas e cal foi a causa ou causas que fixo xurdir a ética. Para conseguir este obxectivo deberemos indagar no campo da antropoloxía e desdes aí imaxinar a motivación que levou aos humanos a defender a liberdade, a solidariedade e a xustiza en xeral. Quenes somos? somos un grupo de alumnas e alumnos do IES Fontexería de Muros en A Coruña (Galiza). Pero non estamos sós!! Con nós participan na investigación o alumnado de Educación Infantil do CEIP Felip...