Ola!!!!!
Ola de novo!!!!! Cantísimas gañas tiñamos de saber de vós. O día que nos enteramos que chegara un novo vídeo voso foi todo un acontecemento na nosa clase. Prestamos atención a todo o que nos contástedes e anotamos os encargos. Gustáronnos moito as vosas presentacións porque vimos que contaban moito de vós. De feito seguimos o voso exemplo para facer as nosas. Esperamos que vos guste! Queremos tamén dar a benvida ás nenas e nenos do CEIP Pepe de Xan Baña que se incorporan este ano. Temos moitísimas gañas de coñecervos e de compartir con vós esta aventura que vai estar chea de emocións e na que imos aprender un montón de cousas. Arrancamos!!!!