Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2018

RETO 3 IMOS FALAR DOS NOSOS ÓSOS

Imaxe
Ola de novo dí unha canción que "é mellor camiñar cunha dúbida que cun mal axioma" E nós temos moitas dúbidas! Comecemos os misterios do saber. Resolvede con nós estes enigmas Grazas!!!!
Imaxe
RESPOSTAS AO RETO 1 DO FELIPE DE CASTRO Ola, son Pepe Cabido o profesor do IES Fontexería e vouvos deixar a minha respota ao reto que nós propuxestes. Estou moi contento de que esta vez fose ao revés e que nós fósemos os que tivemos que percorrer o camiño da aventura do saber. Moitas, moitas, moitas grazas por axudarnos a aprender.

EMOCIONARIO FOTOS ALUMNADO IES FONTEXERIA

Imaxe
EMOCIONARIO: AS NOSAS FOTOS Ola! aquí vos deixamos as nosas fotos cos nosos nomes para que vós lembredes de nós ou para que nos coñezades as nenas e nenos novos. Moito bicos

Valores éticos? Respostamos dende Santa Comba

Imaxe
Ola a tod@s de novo! Desde Muros tamén nos lanzabades un reto. Tratábase de indagar sobre o significado de "valor" e "ética", para chegar a comprender que son os "valores éticos". Para iso, ao igual que o ano pasado, comezamos indagando sobre o valioso. Trouxemos un obxeto valioso para nós á clase e nesta ocasión traballamos sobre él a través da arte. FIXEMOS UN ESTUDO ARTÍSTICO DO NOSO OBXETO VALIOSO!! Foi moi interesante observalo dende tantas perspectivas. Deixámosvos un vídeo do proceso para que vexades as técnicas abordadas. Despois de valorar moitos aspectos sobre o significado de valioso, reflexionamos e buscamos información sobre os outros conceptos, pero como aínda así se nos facía un pouco difícil, botamos man dos vídeos do ano pasado. Cremos que agora xa comezamos a comprendelo... En calquera caso, seguro que ao longo do proxecto imos clarificando máis estes conceptos. Agardamos novas vosas!! BICOS!!!!

Resposta ao reto de Noia dende Santa Comba!

Imaxe
Ola a tod@s!! Que porta tan grande nos abriu o voso reto. Estamos enganchadísim@s! A resposta que nos pediades é MARY ANNING! E a nós tampouco nos gusta nada que tiveran que pasar tantos anos para que se lle recoñecera o seu traballo 😠. Menos mal que as cousas parece que van cambiando algo. Deixámosvos un vídeo no que vos contamos todo o que averiguamos sobre ela e  despois un regaliño 😉. E o regaliño que vos queremos deixar é un vídeo precioso que atopamos sobre a vida de Mary Anning. Agardamos que o disfrutedes tanto coma nós! ATA A PRÓXIMA!!

Reto para tod@s vós!

Imaxe
Ola de novo! Esta semana lendo biografías de mulleres científicas atopamos unha que nos recordou moito as nosas investigacións deste ano. Así que animámonos a prepararvos un reto para que investiguedes o nome desta científica.

Vernos as caras

Imaxe
Deixámosvos este cartaz no que aparecemos tod@s para que poidades poñernos cara xa que, por un lado, medramos moito e por outro @s nen@s do Pepe de Xan Baña aínda non nos coñecen. Se vos fixades ben temos unha nova incorporación este ano na nosa aula, chámase  Carlos. Bicos para tod@s

Ola dende Santa Comba!!!

Imaxe
Por fin!! Por fin estamos nós tamén aquí! Aínda non temos moi claro que nos vai a deparar todo isto, pero agardámolo con gran ilusión. Gustounos moito ver os vosos vídeos e, ao igual que as nenas e nenos de Noia, tamén tomamos exemplo e introducimos gustos e aficións na nosa presentación. Deixámosvos tamén unha foto cos nosos nomes para que os teñades sempre presentes na clase e agardamos con ganas as vosas para poñelas na nosa. ATA A PRÓXIMA!