Ola!!!!!

Ola de novo!!!!!
Cantísimas gañas tiñamos de saber de vós. O día que nos enteramos que chegara un novo vídeo voso foi todo un acontecemento na nosa clase. Prestamos atención a todo o que nos contástedes e anotamos os encargos.

Gustáronnos moito as vosas presentacións porque vimos que contaban moito de vós. De feito seguimos o voso exemplo para facer as nosas. Esperamos que vos guste!
Queremos tamén dar a benvida ás nenas e nenos do CEIP Pepe de Xan Baña que se incorporan este ano. Temos moitísimas gañas de coñecervos e de compartir con vós esta aventura que vai estar chea de emocións e na que imos aprender un montón de cousas. Arrancamos!!!!




Comentarios

  1. Invéstigáchedes e moi ben. Non sabíamos que as teorías de Lamarck e Darwin se chamaban transformistas. Grazas por contárnolo. Encantounos todo o que nos contáchedes e o ben que o contades. Moitas gracias polo vídeo e moitos bicos. As nenas e nenos de Santa Comba.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Resposta Reto 3 Ceip Felipe De Castro

Resposta reto 3 desde o IES Fontexería de Muros